Abel Caballero avanzou este xoves que o próximo luns comezará a andar a comisión técnica Concello-Zona Franca que impulsará a recuperación de A Panificadora. Trátase, dixo o rexedor, dun dos temas centrais da cidade no que o Concello ten moito interese polo que «a recuperación «inmediata deste edificio é imprescindible e non se pode atrasar máis tempo».
En declaracións aos medios, reiterou a posición «activa» do Concello no proxecto que prevé quedarse coa terceira parte dos espazos para usos públicos e, polo tanto asumirá a expropiación nesa porcentaxe, mentres que Zona Franca farase cargo do resto. Na súa dobre condición de alcalde e presidente do Consorcio confiou en que en pouco tempo se articulen as medidas que permitan a dar pasos nesa rehabilitación.