O alcalde informou do inicio da elaboración do presuposto do Concello para o ano 2017 tras a sinatura, o mércores, da comunicación ao Ministerio de Facenda das liñas básicas do documento, de maneira que poida estar aprobado «en tempo e forma» no mes de decembro.
Segundo explicou Caballero, o orzamento terá tres grandes liñas «máis investimento, máis política social e máis e máis emprego co elemento subxacente da débeda cero». Así, Vigo sitúase, dixo, como «o único grande concello de Europa con débeda cero».
Para o rexedor, estes serán uns «grandes presupostos para dar tranquilidade e estabilidade a Vigo» salientando que é «o primeiro concello de España que inicia a elaboración do presuposto de 2017», unha situación que, ao seu entender, supón unha «garantía» para a economía, os investimentos e o tecido empresarial, transmite a imaxe dunha cidade «seria e respectable» e permite que a cidadanía «saiba moi ben o que imos facer».