O alcalde de Vigo recibiu aos responsables de Aclunaga para tratar da situación que está a atravesar o sector en Vigo e en Galicia. Durante o encontro, Caballero reiterou a súa «total cooperación e diálogo permanente» cos representantes desta industria e avanzou plans de formación que o Concello poderá implementar en cooperación co sector.
Logo de cualificar a esta industria como «fundamental» no territorio, «con gran capacidade produtiva, competitiva e tecnolóxica», explicou que o tax lease «foi unha estocada no corazón, unha estocada traidora porque todo era falso». Polo tanto, engadiu, Europa «está en débeda no naval galego e reclamamos que paguen, que teñan en conta que se trata dunha industria que compite en países con axudas e mecanismos que non respectan a libre competencia».
Caballero avogou por implementar un proxecto de defensa do naval de Vigo e de Galicia en Bruxelas, ser moi «proactivos», usando todas as plataformas políticas e administrativas para facer «un cinto de defensa» desta industria. En declaracións aos medios, insistiu en que «seguimos a ser obxecto de ataques desleales e mentireiros do sector naval de Holanda que elexiu os tribunais como lugar de confrontación en lugar de acudir ao mercado».