Este ano bateuse o récord de participantes con 452 xogadores, e dicir, 226 parellas. En total, 280 homes e 146 mulleres. Deles, 60 xogadores federados. É o torneo de pádel máis importante da provincia de Pontevedra e reúne ás mellores pas deste deporte..
No campionato hai catro categorías masculinas, tres femininas e 3 mixtas nas que participan xogadores de todo os niveis. E como novidade nesta edición está a creación da categoría de menores, na que hai 26 inscritos.
Entre os principais nomes deste campionato destacan o do vigués Ramón González-Babé, 15 veces campión galego de pádel; Magín e Javier Raposeiras, campións galegos de máis de 40 anos; Ignacio Vilariño, quinto do ránking de España cadete ou Héctor Guisande, número 1 de Galicia en categoría cadete.
En mulleres compre mencionar a Carla Barciela, campioa galega e número 1 do ránking galego e xogadora profesional World Padel Tour; Paloma Lázaro, subcampioa galega e quinta do ránking galego, e tamén xogadora profesional World Padel Tour; e Tamara Aranda, campioa galega de pádel en varias ocasións.
Todos os participantes xogan un mínimo de dous partidos e hai un cadro de consolación en todas as categorías. Teñen premio os campións e subcampións e repártense en total 3.000 euros.
Máis que Auga e a principal firma de centros deportivos da cidade, con amplas instalacións en Barreiro, Coia e Navia. Dispón de 26.000 metros cadrados de instalacións e 120 profesionais, técnicos e monitores para os seus 20.000 socios.



















