A deportista galega competía xunto á súa nova guía, Mabel Gallardo, coa que aínda leva moi poucos adestramentos. Así que o resultado é moi positivo.
A viguesa saíu da auga na cuarta posición, situación que mantivo durante o segmento de bicicleta. Foi na carreira a pe cando alcanzou e superou con bastante facilidade á deportista holandesa Joleen Hakker e chegou a meta con moita vantaxe para garantir a medalla de bronce.
O ouro foi para Alison Patrick, mentres que a prata para Melissa Reid.