• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    jueves, 18 de septiembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    día das letras galegas

    A Fundación Barrié recupera e dixitaliza material inédito de Manuel María

    A documentación inédita componse de gravacións sonoras inéditas do poeta recitando os seus propios poemas e os doutros autores así como o audio da estrea da obra As aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela, estreada en Monforte de Lemos, Praza de España nº 19 (a piques de entrar no verán de 1976).
    Redacción por Redacción
    13 de May, 2016
    en Libros
    0
    A Fundación Barrié recupera e dixitaliza material inédito de Manuel María

    Ademais desta gravación que se pode escoitar desde hoxe na web do Portal das Palabras, proxecto común coa Real Academia Galega, a Fundación Barrié dixitalizou e poñerá a disposición de todo o mundo a gravación inédita dunha pequena escolma de poemas de Manuel María e doutros poetas recitados por el mesmo. Estas gravacións son posibles grazas á cesión gratuíta da familia de Lutgarda González González e Alfonso Rodríguez López, avogado de Monforte de Lemos con quen Manuel María compartiu, durante duros e ao mesmo tempo ilusionantes anos, amizade, traballo profesional e a arela dunha Galicia mellor. Eles e mais Nati Rodríguez López e Carlos Rodríguez Otero foron os improvisados actores que puxeron voz á obra que se representou por primeira vez en Monforte de Lemos no número 19 da Praza de España.

    Manuel María e o teatro
    A produción dramática de Manuel María foi cumprida, con máis de vinte pezas publicadas –premiadas en repetidas ocasións–, varias que quedaron inéditas e mesmo unha adaptación ao teatro dun poema de Blanco Amor. Comezou en 1957 co Auto do taberneiro e incluíu varias obras dirixidas aos rapaces, entre as que destaca, polas súas moitas representacións no ámbito escolar, As aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela.

    Nesta peza breve podemos ver temas como a liberdade do individuo, a denuncia do autoritarismo e o abuso de poder ou a discriminación do diferente, sen perder por iso un ton idóneo para o público infantil, acorde coa concepción xeral do teatro que tiña Manuel María, quen vía neste xénero un instrumento dunha enorme potencialidade educativa.

    Como xorde a historia de Berenguela?
    Así como fixera Lewis Carroll coa súa Alicia, Manuel María escribiu a peza da Berenguela pensando nos fillos da familia monfortina Rodríguez González, coa que tiña unha estreita relación, para ofrecérllela como agasallo. A Manuel María chamáballe a atención un teatriño de monicreques, feito por Alfonso para entretemento e ilustración dos seus catro fillos, e prometeulles unha obra orixinal que puidesen representar naquel escenario artesanal. Aí naceron as Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela, na volta do ano 1975, que se estrearían no verán seguinte naquela casa.

    Así nolo contan os irmáns para os que Manuel María escribiu a obra
    “Cando o maior de nós contaba cinco anos e a máis pequena inda había nacer, o pai fíxonos un agasallo marabilloso: un teatriño de monicreques construído por el mesmo para a galería que chamabamos do Sol e que era moitas veces o único refuxio posible naqueles invernos de Monforte. Dixéranos que se trataba dun televexo que ten a gran vantaxe de que alí podes dicir o que che peta, pero cun único límite: nel as mentiras feden.

    Foi nese mesmo ano cando Manuel María, que se fixera procurador no despacho do noso avó e pasou a maior parte da súa carreira a carón do noso pai, amante como el do teatro, ofreceu un novo agasallo: As aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela, escrita especificamente para aquel teatriño.

    Á volta do ano, en 1976, e rematando o curso escolar, catro persoas, que eran os nosos pais e os nosos tíos, puxéronse mans á obra e cun magnetófono de bobina aberta, un tocadiscos que daquela recibía normalmente o nome de picú, toda a discografía dispoñible na nosa casa e mais algún disco prestado para a ocasión, gravaron a banda sonora que serviría para a estrea nos días posteriores.

    Esa porción de verdade que é a Espiña de Toxo, nada allea aos autos e oficios que o Manuel e o Alfonso manexaban acotío, estreouse finalmente, con todos os amigos e compañeiros do instituto onde traballaba a nosa nai e, por suposto, con Manuel María e Saleta, naquela casa da Praza de España número 19 de Monforte de Lemos, onde a creatividade podía alcanzar todas as escalas e formas, os xoguetes podían ser máquinas de escribir ou magnetófonos e todo o mundo podía reclamar para si a condición de neno”.

    43

    RelacionadosArtículos

    Tecnología de O Porriño para el primer autobús municipal autónomo de Madrid
    O Porriño

    Tecnología de O Porriño para el primer autobús municipal autónomo de Madrid

    18 de Sep, 2025
    Aterriza en una de las mejores terrazas de Vigo el exitoso ‘brunch’ electrónico
    Local

    Único Life Clinics llega al Centro de ocio A Laxe

    18 de Sep, 2025
    La flota de la Solitaire du Figaro se aproxima a Vigo tras una jornada de vientos esquivos
    Náutica y Vela

    La flota de la Solitaire du Figaro se aproxima a Vigo tras una jornada de vientos esquivos

    18 de Sep, 2025
    Detenidos en Vigo tras romper la ventana de una empresa y entrar a robar
    Local

    Detenidos en Vigo tras romper la ventana de una empresa y entrar a robar

    18 de Sep, 2025
    Unas 60.000 personas, implicadas en procesos neurodegenerativos en el área de Vigo
    Local

    Unas 60.000 personas, implicadas en procesos neurodegenerativos en el área de Vigo

    17 de Sep, 2025
    Regresa (con DJ) el Rally Ciudad de Vigo para Vehículos Clásicos y Antiguos
    Local

    Regresa (con DJ) el Rally Ciudad de Vigo para Vehículos Clásicos y Antiguos

    17 de Sep, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La Gran Vía de Vigo estrena rampas mecánicas, suelo que genera energía y acera con pantalla LED

    Caballero envía a la Xunta el proyecto de las rampas de Gran Vía y advierte: «Ni se le ocurra paralizarlo»

    por Redacción
    11 de Sep, 2025
    0

    Gran Vía y «Ponle Freno» unen fuerzas por la seguridad vial

    El gigante polaco de la moda y el hogar abre una nueva tienda en la ciudad

    por David Augusto
    13 de Sep, 2025
    0

    Así luce ya la «compleja» obra de ingeniería sobre la AP-9 a su llegada a Vigo: un nuevo (y más amplio) viaducto

    Así luce ya la «compleja» obra de ingeniería sobre la AP-9 a su llegada a Vigo: un nuevo (y más amplio) viaducto

    por Redacción
    11 de Sep, 2025
    0

    Una nueva pasarela de madera en Samil ya conduce a una de las playas más escondidas de Vigo

    Una nueva pasarela de madera en Samil ya conduce a una de las playas más escondidas de Vigo

    por María Alonso
    15 de Sep, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Vigo desde O Meixoeiro
    Más Vigo

    Vigo desde O Meixoeiro

    Esta es la vista de la ciudad de Vigo desde el complejo comercial de O Meixoeiro, similar a la que...

    por Julio Alonso
    17 de Sep, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo
    Más Vigo

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo

    La ría de Vigo es un emblema de la emancipación de la mujer, porque gracias al sector de la conserva...

    por Eduardo Rolland
    02 de Jun, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Así los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina

    A asociación cultural Évame Oroza acolle mañá mércores, 17 de setembro, ás 20:00 horas, a presentación do libro "Malversaciones. Milei...

    por Redacción
    16 de Sep, 2025

    OPINIÓN

    La Vuelta Ciclista a España que ganó Palestina
    Opinión

    La Vuelta Ciclista a España que ganó Palestina

    Esta Vuelta a España la ha ganado Palestina. Sin duda. Opino que nunca se debiera haber permitido que Israel participara...

    por Julio Alonso
    16 de Sep, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR