A conferencia maxistral foi impartida polo profesor Dr. Victor Asensi, Profesor Titular de Medicina do Hospital Universitario Central de Asturias (Oviedo), e versará sobre «Las enfermedades infecciosas en la pintura”.
No transcurso do acto, os residentes recibiron uns obsequios institucionais e unha Orla oficial de todo o grupo que remata a especialidade. Posteriomente, deuse a coñecer os gañadores da terceira edición do Premio “Rosa Diaz”, institucionalizado hai tres anos en recordo desta especialista en Análises Clínicos, que contribuíra de xeito significativo no desenvolvemento da Docencia dos residentes da sanidade pública en Vigo. Con este galardón, convocado pola Comisión de Docencia, se premiaron ás mellores publicacións científicas e ás mellores sesións clínicas xerais.
Así, o primeiro premio foi para Jose Ignacio Neissa Vásquez, residente de Anatomía patolóxica, pola “Interacción de los clústeres cuánticos atómicos de plata con los organismos vivos y el efecto bactericida”; o segundo premio recaiu en Carlos Miguel Chiesa Estomba; e os terceiros foron para os residentes Cecilia Mouronte Roibas, Alexandre Pérez González e Adrián Sousa Dominguez.
En total, os 77 residentes que este ano rematan a súa formación corresponden ás seguintes especialidades: Un de Anatomía Patolóxica, catro de Anestesia e Reanimación, un de Análises Clínicos, un de Anxioloxía e Cirurxía Vascular, dous de Cardioloxía, dous de Cirurxía Xeral e Dixestiva, dous de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía, un de Endocrinoloxía e Nutrición, dous de Farmacia Hospitalaria, un de Hematoloxía e Hemoterapia, un de Medicina do traballo, tres de Medicina Interna, un de Medicina Intensiva, un de Neumoloxía, un Nefroloxía, un de Neuroloxía, un de Neurofisioloxía Clínica, tres de Obstetricia e Xinecoloxía, tres de Oftalmoloxía, un de Oncoloxía Médica, un de Oncoloxía Radioterápica, dous de Otorrinolaringoloxía, tres de Pediatría, tres de Psiquiatría, un de Psicoloxía clínica, dous de Radiodiagnóstico, un de Rehabilitación, un de Xeriatría, un de Uroloxía, 19 de Medicina Familiar e Comunitaria e 4 Diplomadas en Enfermaría Obstétrico-Xinecolóxicas, dous en Enfermaría de Saúde Mental e catro de enfermaría pediátrica.
No evento,o xerente da EOXI de Vigo, Félix Rubial, realizou unha especial homenaxe ao presidente da Comisión de Docencia, Mauricio Iribarren, que anunciou a súa despedida da presidencia tras nove anos desempeñando esta labor.
301 Residentes
Ademais dos que se van, outros 77 novos residentes se incorporan os próximos días aos centros sanitarios do Servizo Galego de Saúde en Vigo. Na actualidade, na Xerencia de Xestión Integrada de Vigo hai 301 residentes realizando as súas especialidades.
Ademais de facultativos, a Sanidade Pública viguesa forma tamén a Diplomadas Universitarias de Enfermaría que realizan a especialidade Obstétrico Xinecolóxica, Saúde Mental e Pediatría.
O período de formación dos residentes é variable, podendo ser de tres, catro ou cinco anos dependendo da especialidade. Neste tempo desenvolven nos hospitais un programa docente que comprende a asunción tutelada e progresiva de responsabilidade na asistencia ós pacientes, ademais dun completo programa teórico que prevé a participación en diversas actividades científicas como seminarios, sesións, cursiños, etcétera.