• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 5 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    xxv salón do automóbil

    Cen pilotos para o primeiro Supercrós e Freestyle en Vigo

    O Ifevi albergará unha pista de terra xabre, cunhas dimensións de 100 metros de longo por 35 de ancho
    Redacción por Redacción
    15 de Mar, 2016
    en Motor
    0
    Cen pilotos para o primeiro Supercrós e Freestyle en Vigo

    O 25º aniversario do Salón do Automóbil e Motocicleta de Vigo vivirase con emocións fortes co gran espectáculo que terá lugar o último fin de semana da feira, os días 9 e 10 de abril, ao organizarse un supercross e unha exhibición de freestyle no pavillón 3 do IFEVI.

    Este recinto albergará unha pista de terra xabre, cunhas dimensións de 100 metros de longo por 35 de ancho, que está deseñada por Gabriel Villada, ex piloto de Freestyle e Motocrós e autor de varios circuítos de probas en coliseums, areas e recintos pechados en toda España.

    Así, o público que se achegue ao Instituto Feiral de Vigo poderá gozar, sentado comodamente en bancadas, de dous tipos de probas: as carreiras de motocrós e as exhibicións de acrobacias de estilo libre, con dous pases na tarde do sábado (ás 17,00 e ás 20,30 horas) e outros dous na tarde do domingo (ás 16,30 e ás 19,00 horas).

    O prezo das entradas será de 10 euros para nenos -de 4 a 10 anos- e de 15 euros para adultos en venda anticipada ata a véspera do evento (www.ataquilla.com) e de 15 e 20 euros, respectivamente, no despacho de billetes do Ifevi os días do espectáculo. Estas entradas serven ademais para acceder ao XXV Salón do Automóbil e Motocicleta de Vigo na mesma tarde, polo que se pode gozar dunha xornada completa dedicada ao mundo do motor.

    Carreiras emocionantes
    As persoas que asistan en cada sesión vibrarán coas carreiras de motocrós sobre un circuíto repleto de dificultades, cun trazado composto de dubbies, mesetas, dobres saltos e o montículo central, que achegará gran espectacularidade. Nas devanditas probas participarán máis de 100 pilotos en total, distribuídos nestas categorías: 65 cc, 85 cc, hobby (principiantes), promoción, elite e veteranos.

    freestyleIsto garante ata 6 carreiras en cada pase de público, con 12 a 15 voltas de competición e grellas formadas por unha quincena de motos, todo o cal xerará moita emoción e intensidade ás competicións. Os gañadores designaranse cos mellores tempos de cada día, nun único podio diario.

    A Dagan Cup é unha das competicións máis importantes do norte español en motocrós e supercrós e reúne ano tras ano aos mellores pilotos do noroeste español, de onde saen grandes promesas e realidades do motocrós español e europeo, como Rubén Fernández ou Joel Antón.

    Estarán presentes entre outros o campión andaluz de 85 cc, David Gómez Merino, os campións holandeses Randy Oostrom (elite), Danny V Mel (veteranos) ou Leon Noorman (promoción), ou o campión de Francia e Cataluña, Eugenio Zafra.

    Acrobacias no aire
    Doutra banda, as exhibicións de Freestyle Motocrós (FMX) ou acrobacias de estilo libre, traerán a Vigo aos mellores riders internacionais e nacionais, como William Van dean Putte, participante habitual no Freestyle Nitro Circus, que dirixe un mito como Travis Pastrana, ou auténticos mestres do estilo libre como Javi Jabato, Jorge Bravo ou Raúl Lerena para deleitarnos coas acrobacias máis espectaculares.

    Entre os saltos acrobáticos están garantidos figuras como whips (encartadas), supermanes, tsunamis e backflips, ademais dalgunha sorpresa, xa que os pilotos sempre tratan de lucirse. Os saltos chegarán aos 11 metros de altura, con longos de 21 metros, dadas as características da pista.

    Sen dúbida, este Supercrós + Freestyle, cuxa parte técnica conta coa garantía de Dagan Off Road, un dos organizadores deste tipo de eventos máis acreditados da moto Off Road en España, será un gran colofón á XXV edición do Salón do Automóbil e Motocicleta.

    A venda anticipada de entradas poderá efectuarse tamén na web www.eventosmotor.com, onde se recolle máis información desta proba e do propio Salón do Automóbil e Motocicleta de Vigo.

    Presentación
    A presentación do evento celebrouse este martes na sede de Abanca en Vigo. O alcalde, Abel Caballero, animou a toda a cidade a asistir ao I Supercross + Freestyle que se organizará os días 9 e 10 de abril, dentro da XXV edición do Salón do Automóbil e Motocicleta, no Ifevi. Ademais de felicitar aos organizadores do certame, que este ano cumpre un cuarto de século, Caballero loubou un espectáculo que «desafía as leis da gravidade e fai posible o imposible». Na rolda de prensa tamén estiveron presentes a presidenta da Deputación, Carmela Silva, quen tamén animou a acudir o Ifevi; o secretario xeral para do Deporte, José Ramón Lete; José Manuel Fernández Alvariño, presidetne del Comité organizador; José Enrique Elvira, director do Salón; Arsenio Prieto, xerente do Ifevi; Jorge Martínez, director territorial de Abanca e David Dagan, director técnico do Supercross.

    43

    RelacionadosArtículos

    Emilia, Love of Lesbian y Molotov desatan la locura bajo el sol abrasador de PortAmérica
    Música

    Emilia, Love of Lesbian y Molotov desatan la locura bajo el sol abrasador de PortAmérica

    05 de Jul, 2025
    Rallye Rías Baixas al rojo vivo
    Motor

    Rallye Rías Baixas al rojo vivo

    05 de Jul, 2025
    La Romaría do Pan de Millo llena Cabral de sabor y tradición
    Gastronomía

    Guía de fiestas gastronómicas en Vigo para julio y agosto de 2025: sardinas, pulpo, mejillones y más

    05 de Jul, 2025
    Modo Canario este otoño: Binter te lleva al paraíso por menos de 100 euros
    Viajes

    Modo Canario este otoño: Binter te lleva al paraíso por menos de 100 euros

    05 de Jul, 2025
    El templo de la elegancia se traslada a Alfonso XIII
    Moda

    El templo de la elegancia se traslada a Alfonso XIII

    05 de Jul, 2025
    13 novelas y cómics de aventuras publicados en junio que no te puedes perder
    Libros

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en junio que no te puedes perder

    05 de Jul, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 8

    59

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    Despliegue policial en la antigua estación de buses de Vigo por tres menores escondidos

    Caballero veta (también) la reforma de la vieja estación: «Si la Xunta quiere invertir en Vigo tiene infinitas oportunidades»

    por Europa Press
    30 de Jun, 2025
    0

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    0

    La Xunta invierte 12,8 millones en 57 nuevas viviendas en Vigo

    Ya es oficial: la Xunta lleva a los tribunales a Vigo por la suspensión de la obra del Centro de Asociacionismo

    por Europa Press
    01 de Jul, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Conciertos populares de Vigo
    Más Vigo

    Conciertos populares de Vigo

    El Concello de Vigo ha organizado una serie de conciertos populares para acercar la música a la ciudadanía a través...

    por Julio Alonso
    05 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en junio que no te puedes perder
    Libros

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en junio que no te puedes perder

    Ya tenemos aquí el verano y, con él, una tremenda ola de calor y de novedades literarias. ¿Te animas a...

    por Gabriel Romero de Ávila
    05 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    Envidia de «los chalecos amarillos»
    Opinión

    Envidia de «los chalecos amarillos»

    Siempre he tenido una cierta admiración por la nación que queda al norte de los Pirineos. Cuando pasas la frontera...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Jul, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR