• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 10 de noviembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Un cirurxián vigués realiza un estudo pioneiro sobre apendicite en nenos

    A tese doutoral do doutor Marcos Prada Arias recolle os resultados do estudo que se realizou sobre 764 casos de sospeita de apendicite aguda atendidos no servizo de Urxencias de Pediatría do CHUVI nos últimos dous anos
    Redacción por Redacción
    22 de Feb, 2016
    en Salud
    0
    Un cirurxián vigués realiza un estudo pioneiro sobre apendicite en nenos

    A tese estivo dirixida polo xefe de Pediatría do CHUVI, José Ramón Fernández Lorenzo, e polo facultativo especialista en Radiodiagnóstico, José Luis Vázquez Castelo. Tamén participaron diferentes servizos do Complexo Hospitalario vigués, sobre todo Pediátría e Cirurxía Pediátrica, así como o Instituto Investigación Biomédica de Vigo (IBI).

    Para iso avaliáronse os 764 casos de sospeita de apendicite aguda atendidos no Servizo de Urxencias de Pediatría do Complexo Hospitalario de Vigo durante os anos 2013 e 2014. Creáronse dous grupos, un de apendicite aguda e outro de dor abdominal inespecífica, nos que ademais do fibrinóxeno, estudáronse e comparáronse múltiples variables clínicas, probas de laboratorio e radiolóxicas.

    Esta tese demostra que o fibrinóxeno é válido como proba diagnóstica de apendicite no neno, tanto illadamente como en combinación con outras probas. “É especialmente útil para diferenciar a apendicite non complicada da complicada ou perforada, sendo comparable a outras técnicas que son as máis utilizadas na práctica clínica na actualidade. A vantaxe do fibrinóxeno é a súa fácil, rápida e económica obtención, polo que é especialmente útil como proba diagnóstica de urxencia”, afirma o doutor Prada Arias.

    Proposta de novo protocolo diagnóstico
    Outra das conclusións do estudo é a gran utilidade da regra de predición da apendicite no neno para ordenar por grupos de risco aos pacientes sospeitosos desta doenza, e como a inclusión do fibrinóxeno nesta regra tradúcese nunha mellora na toma de decisións médicas. Da mesma forma, o autor da tese chegou á conclusión do “escaso beneficio que se obtén ao realizar a ecografía abdominal nos casos de baixa ou alta sospeita clínica de apendicite”, debido ao número de falsos positivos e negativos nestes casos. Mesmo no estudo obsérvase que a ecografía nestes grupos podería aumentar a taxa de cirurxía innecesaria, e en cambio a súa non realización non incrementaría a taxa de perforación. En base a estes achados proponse un protocolo diagnóstico en base á regra de predición que inclúe o fibrinóxeno, que asociado a un uso selectivo da ecografía abdominal, “aforraría ata o 40% destas probas de imaxen, mellorando os resultados”.

    O doutor Prada Arias considera que “cada día existe maior evidencia da posibilidade de tratar de maneira conservadora a apendicite só con antibióticos, sen necesidade de operación, como se fai con outro tipo de procesos infecciosos como as amigdalites ou pneumonías. Para establecer o tratamento antibiótico adecuado será necesario diferenciar correctamente a apendicite non complicada da complicada ou perforada, para o que o fibrinóxeno é unha ferramenta especialmente útil”.

    Moi frecuente en nenos
    A apendicite aguda é unha enfermidade moi frecuente na idade pediátrica, representando a principal causa de cirurxía urxente en nenos. A Sección de Cirurxía Pediátrica do CHUVI intervén ao ano uns 160 casos. O seu diagnóstico baséase fundamentalmente na clínica ou conxunto de signos e síntomas, aínda que as probas de laboratorio e de imaxe lograron unha importante melloría.
    A pesar dos avances realizados nas últimas décadas, as taxas de cirurxía innecesaria ou pacientes operados sen apendicite, e de perforación ou pacientes operados cando o apéndice xa está perforado ou roto, continúan sendo elevadas, o que indica que o diagnóstico é aínda difícil en moitos casos. Esta dificultade débese á frecuente clínica inespecífica a idades temperás e á súa fácil confusión con outras enfermidades frecuentes, como a dor abdominal inespecífico, a adenite mesentérica ou a gastroenterite aguda.

    Estes casos de cirurxía innecesaria e de perforación xeran un maior número de complicacións postoperatorias, prolongadas estancias hospitalarias e elevados custos sanitarios, polo que aínda son necesarios esforzos encamiñados a mellorar o diagnóstico desta frecuente enfermidade no neno.

    Primeiro estudo
    Este traballo é o primeiro estudo prospectivo realizado sobre o rendemento diagnóstico do fibrinóxeno na apendicite aguda segundo a revisión da literatura médica, onde existen tan só tres traballos publicados sobre este tema, todos retrospectivos e só un deles en nenos.

    “Actualmente estamos a traballar na publicación de todos estes resultados en revistas médicas nacionais e internacionais. O noso próximo obxectivo é estudar a utilidade diagnóstica do fibrinóxeno no grupo de idade menor de 5 anos que, aínda que representa tan só o 7% das nosas apendicites, é onde existe a maior proporción de perforación e morbilidade. Tamén nos prantexamos realizar un estudo multicéntrico de validación do protocolo que propoñemos co fibrinóxeno, mediante a creación dunha aplicación informática” explica o doutor Prada Arias.

    43

    RelacionadosArtículos

    Dos personas intoxicadas por humo a causa de un incendio en una cafetería de Vigo
    Local

    Dos heridos tras el incendio de un piso que cubrió de humo la calle Andalucía

    10 de Nov, 2025
    Dramaturxias Itinerantes regresa a Vigo con dos voces femeninas que cuestionan el poder y la opresión
    Cultura

    Dramaturxias Itinerantes regresa a Vigo con dos voces femeninas que cuestionan el poder y la opresión

    10 de Nov, 2025
    Un DJ de Vigo que conquista los premios Xuventude Crea con un estilo único que sonará en los clubs de todo el mundo
    Música

    Un DJ de Vigo que conquista los premios Xuventude Crea con un estilo único que sonará en los clubs de todo el mundo

    10 de Nov, 2025
    Primer contratiempo de la semana en la A-55: un accidente en Puxeiros causa largas retenciones
    Local

    Primer contratiempo de la semana en la A-55: un accidente en Puxeiros causa largas retenciones

    10 de Nov, 2025
    El Sireno como símbolo de Vigo
    Más Vigo

    El Sireno como símbolo de Vigo

    10 de Nov, 2025
    La Diputación subvencionará siete escuelas de música de Vigo con 30.000 euros
    Música

    La Diputación subvencionará siete escuelas de música de Vigo con 30.000 euros

    09 de Nov, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Paso al frente de la Xunta para construir en Vigo un edificio de alojamientos compartidos y temporales

    Paso al frente de la Xunta para construir en Vigo un edificio de alojamientos compartidos y temporales

    por Redacción
    05 de Nov, 2025
    0

    La Xunta invierte para blindar el acceso a las playas de Vigo

    La Xunta invierte para blindar el acceso a las playas de Vigo

    por Redacción
    03 de Nov, 2025
    0

    Los querubines del Paseo de Alfonso preparan las maletas tras casi un siglo de espaldas a la ría

    Los querubines del Paseo de Alfonso preparan las maletas tras casi un siglo de espaldas a la ría

    por Redacción
    03 de Nov, 2025
    0

    Una operación inédita y milimétrica ha botado un visor submarino único en España a la Ría de Vigo

    Una operación inédita y milimétrica ha botado un visor submarino único en España a la Ría de Vigo

    por Redacción
    03 de Nov, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    El Sireno como símbolo de Vigo
    Más Vigo

    El Sireno como símbolo de Vigo

    La impresionante estatua de Francisco Leiro conocida como El Sireno, y ubicada en la Porta do Sol de la ciudad...

    por Julio Alonso
    10 de Nov, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    El teatro comunitario de Galicia se hace libro en Évame Oroza
    Libros

    El teatro comunitario de Galicia se hace libro en Évame Oroza

    La escena cultural de Vigo se prepara para acoger un evento que trasciende lo meramente editorial. Este sábado, 8 de...

    por Redacción
    07 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    La «salvaje» panorámica de la obra de Gol permitirá ver los primeros partidos del Celta desde el exterior
    Opinión

    Con el Mundial 2030 nos volveremos a equivocar

    "Esta grada de Tribuna, que está en azul, se retranquea unos 30 metros hacia afuera, es una gran bandeja con...

    por Fernando Torres Carbajo
    09 de Nov, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR