O espectáculo combina instrumentos do mundo da percusión contemporánea con elementos de nova creación, moita improvisación e efecto sorpresa para lograr que os nenos e nenas o pasen en grande. «Cousas de 4», á que asistirán preto de 3.500 escolares, representarase do 25 ao 28 de xaneiro no Teatro Afundación de Vigo.
As vindeiras citas escénicas, para as que xa reservaron praza un total de 37.000 escolares, terán lugar do 22 ao 26 de febreiro con Aurora; do 7 ao 10 de marzo con Rodarirrodari; do 5 ao 8 de abril con Estamos no verán, unha obra que combina baile, música e teatro para que os máis pequenos o pasen en grande, e por último, do 26 de abril ao 9 de maio, a actuación do exitoso grupo de música infantil Mamá Cabra, que co seu espectáculo 15 primaveras porá o punto final ás actividades.