Nesta lexislatura remata a concesión a Vitrasa e é un bo momento para que no prego de condicións da nova concesión blíndese a obrigatoriedade da participación do transporte público vigués nos modelos de transporte metropolitano público. Marea de Vigo defende un modelo análogo ao da área metropolitana de Barcelona, onde existiría un Consorcio público participado ao 51% pola Xunta de Galicia, o 25% polo Concello de Vigo e un 24% polo resto dos concellos da área metropolitana. Isto solucionaría os problemas de financiamento do servizo xa que a maior parte do financiamento sería autonómica de acordo con esa participación maioritaria no consorcio. Esta é a proposta na que traballa o grupo municipal da MAREA DE VIGO que será presentada á asamblea da mesma para a súa aprobación.
Rubén Pérez discrepa do modelo da xunta de integrar todas as concesións de transporte privado da área (máis de 11 empresas distintas) mantendo prácticamente as mesmas liñas, frecuencias e bonificando prezos, a integración do transporte metropolitano esixe que paralelamente a área asuma a xestión do transporte nas localidades pequenas mantendo exclusivamente Vigo a xestión do transporte urbano pola súa magnitude e pola diferenciación de planificación necesaria.
Marea pide de novo discutir sobre o modelo de transporte metropolitano, dos motivos polos que o modelo de lei aprobada polo Partido Popular desbota a xestión pública directa do transporte e de como e cando se concretará a cesión de competencias en transporte a área.