• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 6 de septiembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    FÚTBOL GAÉLICO

    O fútbol gaélico, conexión meiga entre Galicia e Irlanda

    O Keltoi, equipo vigués de fútbol gaélico, busca xogadores para ampliar os equipos e crear a formación feminina
    Jorge Castro por Jorge Castro
    30 de Nov, 2015
    en Polideportivo
    0
    O fútbol gaélico, conexión meiga entre Galicia e Irlanda

    Fóra da illa do trevo, a súa presenza é case anecdótica, salvo en escasos lugares. Igual polo influxo celta, por algún tipo de meigallo, en Galicia e na Bretaña francesa arraigou moito máis que noutros lugares. A explicación non é doada, nin sequera razoable, pero na comunidade autónoma galega existen máis equipos que no resto do estado español e na Europa continental.

    En Vigo, o deporte que mistura fútbol e rugby, aínda que máis ben os tres son derivacións de xogos nados no actual Reino Unido e que se perden nos tempos remotos, ten dous representantes o Ambílokwoi (mixto) e o Keltoi. O segundo forma parte da Asociación Galega de Fútbol Gaélico, a única recoñecida pola Asociación Atlética Gaélica (GAA), a entidade reguladora deste deporte. Cun equipo na segunda categoría galega, porque existen dúas divisións, o Keltoi busca ampliar o número de xogadores para «poder ter un segundo equipo e tamén un feminino. Agora hai sete ou oito rapazas, pero non chega para completar un equipo. É preciso ter algunha máis para poder afrontar toda a tempada con garantías», afirma Declan Lyons, un dos responsables do equipo.

    Para explicar a modalidade deportiva, o irlandés explica que «hai que estar en boa forma, ten unhas cousas de fútbol e algunhas de rugby e, sobre todo, é moi divertido. Pásase moi ben e o ambiente é moi bo. Despois de cada partido facemos un terceiro tempo e confraternizamos todos». É dicir, igual que no deporte do balón oval, co comparte filosofía e Declan matiza que «non é copiar, é a nosa propia. Pode ser parecida, pero o fútbol gaélico ten a súa personalidade».

    O irlandés indica que a maioría de xogadores do equipo vigués son galegos salvo catro orixinarios da propia Irlanda, un de Swazilandia e un escocés. «O fútbol gaélico tivo un ascenso meteórico en Galicia. Fai cinco anos case non había equipos e agora, na Asociación Galega hai dúas categorías masculinas e unha feminina con dezanove equipos. En toda Europa, soamente na Bretaña alcanzou esta popularidade e vai a máis», indicou Declan Lyons e engadiu que «no noso equipo temos a Daniel Lima, que forma parte da selección galega e a nosa idea é, pouco a pouco, poder ir crecendo como no seu día fixo o Vigo Rugby. Comezou por pouco e xa estiveron na máxima categoría».

    keltoi5

    O balón é esférico, pódese pasar coa man ou co pé. Pódese xogar coa man ou co pé. As marcaxes son individuais e, incluso, hai dúas formas de subir puntos ó marcador. A portería é unha H de rugby, pero no rectángulo inferior existe unha rede como nas de fútbol. Por enriba vale un punto, por debaixo tres, pero o porteiro está polo medio para tentar impedir o gol ou anotación. O futbolista gaélico é o que debe elixir. Admítese o contacto co ombreiro, pero non as placaxes pechando os brazos. En definitiva, unha variedade peculiar que o Keltoi tenta de espallar por Vigo e que garante diversión.

    «Xogamos os partidos en Samil, pero para os adestramentos temos que ir a Mos. Creo que temos pouco apoio, gustaríanos ter máis. Gustaríanos ter un campo para poder adestrar tamén na cidade porque ó ter que desprazarnos fáisenos incómodo e tamén fai que os interesados non veñan. Ó ser un deporte non federado, porque non existe o número de equipos necesario, non temos preferencia para a asignación dos horarios dos campos», indicou Declan Lyons.

    É a pequena loita do Keltoi nas oficinas. Ó mesmo tempo busca aumentar os equipos e rematar por formar un conxunto feminino. Un deses retos que fai especial ilusión a unha entidade viguesa que é como un neno pequeno que comeza a camiñar pola beira da Ría de Vigo. En cada paso introduce o fútbol gaélico e un pouco da cultura irlandesa e celta na cidade. Porque xa se sabe que, ó final, cada partido é a escusa para facer o terceiro tempo. Este axioma é idéntico para o fútbol gaélico e o rugby. Contacto co Keltoi.

     

    12188082_1629726930610021_6924199925283330915_o
    12194634_1629727110610003_4005877292528053376_o
    12232680_1629726807276700_2049190365812864889_o

    8
    CARTEL
    keltoi2

    keltoi3

    43

    RelacionadosArtículos

    El crucero de lujo más exclusivo del mundo desembarca en Vigo por primera vez 
    Marítima

    El crucero de lujo más exclusivo del mundo desembarca en Vigo por primera vez 

    06 de Sep, 2025
    Publicados los listados de adjudicación de las 92 plazas para la residencia juvenil Altamar de Vigo
    Local

    Publicados los listados de adjudicación de las 92 plazas para la residencia juvenil Altamar de Vigo

    06 de Sep, 2025
    Freixo Rock celebra su 30ª edición con un fin de semana de rock gratuito
    Música

    Freixo Rock celebra su 30ª edición con un fin de semana de rock gratuito

    06 de Sep, 2025
    Pilar Yarza revela su fusión entre cuerpo y mar
    Exposiciones

    Pilar Yarza revela su fusión entre cuerpo y mar

    06 de Sep, 2025
    El control de la AP-9 y las demás autopistas gallegas, en manos de un fondo neerlandés
    Local

    Un fondo sueco ya controla la AP-9 y la autopista del Val Miñor

    06 de Sep, 2025
    Ryanair amplía su estancia en Vigo y apunta a Londres como nuevo destino
    Local

    La Xunta tilda de «auténtico esperpento» las declaraciones del ministro Puente sobre Ryanair: «No se despeina»

    06 de Sep, 2025

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    EuroMillones, el sorteo que se ha integrado en nuestra cultura

    EuroMillones, el sorteo que se ha integrado en nuestra cultura

    por Iago Castro
    25 de Ago, 2025
    0

    El lujo residencial se extiende en el rural de Vigo: así son los 10 nuevos chalés ya a la venta en Castrelos

    El lujo residencial se extiende en el rural de Vigo: así son los 10 nuevos chalés ya a la venta en Castrelos

    por María Alonso
    03 de Sep, 2025
    0

    Ya asoma en Vigo el terraplén donde se levantará una nueva gasolinera ‘low cost’

    Ya asoma en Vigo el terraplén donde se levantará una nueva gasolinera ‘low cost’

    por María Alonso
    04 de Sep, 2025
    0

    Resuelta la confusión sobre el radar de tramo entre Candeán y Puxeiros en la AP-9

    Resuelta la confusión sobre el radar de tramo entre Candeán y Puxeiros en la AP-9

    por Redacción
    04 de Sep, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Fuentes luminosas de Vigo
    Más Vigo

    Fuentes luminosas de Vigo

    La fotografía muestra la fuente luminosa de la Praza de Compostela (Alameda) de la ciudad de Vigo. El mérito del...

    por Julio Alonso
    06 de Sep, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo
    Más Vigo

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo

    La ría de Vigo es un emblema de la emancipación de la mujer, porque gracias al sector de la conserva...

    por Eduardo Rolland
    02 de Jun, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Así los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    8 novelas y cómics de aventuras publicados en agosto que no te puedes perder
    Libros

    8 novelas y cómics de aventuras publicados en agosto que no te puedes perder

    Acaba el mes del calor y los parones veraniegos, y lo hace con unas cuantas novedades editoriales de lo más...

    por Gabriel Romero de Ávila
    30 de Ago, 2025

    OPINIÓN

    Los niños criados en ambientes creativos, se convierten en adultos de éxito
    Opinión

    Los niños criados en ambientes creativos, se convierten en adultos de éxito

    Hoy, el reto de educar a los pequeños de forma consciente es toda una apuesta. La mayoría de los padres...

    por Cristina Lorenzo
    06 de Sep, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR