Trátase de «Under Milk Wood», película de 1972, dirixida por Andrew Sinclair e protagonizada por Elizabeth Taylor, Richard Burton e Peter O´Toole. Está baseada na obra do mesmo título do escritor galés Dylan Thomas e conta a vida dun pequeno pobo chamado Llareggub. Esta localidade pesqueira está habitada non so por estraños personaxes senón tamén por pantasmas.
O Ciclo de Cine e Lingua conta co apoio do Centro de Linguas da Universidade de Vigo e proxectará ata decembro filmes en versión orixinal en inglés con subtítulos en castelán. Todas as longametraxes desta edición teñen como denominador común vidas de personaxes extremos que viven situacións límite.
Presentará as películas e moderará o coloquio posterior o profesor Keith Payne.