Activo Cualedro
Continúa activo desde as 12:12 horas de onte o incendio no concello de Cualedro, parroquia de Lucenza. A Consellería do Medio Rural e do Mar ten declarado desde as 15:16 horas de onte, como medida preventiva, a “Situación 2” neste lume. Segundo últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 3.000 hectáreas. As doce do mediodía de este luns desactivouse a «Situación 2».
Nos labores de control participan 1 técnico, 18 axentes forestais, 47 brigadas, 26 motobombas, 6 pas, 7 helicópteros e 9 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).
Estabilizado Viana – Pradocabalos
Desde as 23:10 horas do sábado permanece estabilizado o lume no concello de Viana do Bolo, parroquia de Pradocabalos. Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada é de 213 hectáreas. Nas tarefas de control participan 1 técnico, 11 axentes forestais, 38 brigadas, 15 motobombas, 5 pas, 9 helicópteros e 6 avións.
Controlado Viana – Pexeiros
Controlado desde 23:41 horas do sábado o outro lume rexistrado no concello de Viana do Bolo, parroquia de Pexeiros. Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada é de 70 hectáreas. Na súa extinción traballan 12 axentes forestais, 19 brigadas, 11 motobombas, 2 pas, 7 helicópteros e 2 avións.
Controlado Manzaneda
Controlado desde as 7:51 horas de onte domingo o lume rexistrado no concello de Manzaneda, parroquia de Cernado. Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada é de 250 hectáreas de Rede Natura. Na súa extinción participan 2 técnicos, 8 axentes forestais, 25 brigadas, 9 motobombas, 1 pa, 4 helicópteros e 3 avións.
Controlado Ourense
Controlado desde as 00:20 horas de onte o lume rexistrado no municipio de Ourense, parroquia de Cudeiro. Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada é de 54,9 hectáreas rasas. Na súa extinción traballan 1 técnico, 14 axentes forestais, 30 brigadas, 21 motobombas, 2 helicópteros e 8 avións.
Extinguido O Barco
Extinguido desde as 20:10 horas de onte o lume rexistrado no concello do Barco de Valdeorras, parroquia de Santigoso. Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada é de 66,9 hectáreas, das cales 5 son de monte arborado e o resto de raso. Na súa extinción participaron 13 axentes forestais, 21 brigadas, 9 motobombas, 1 pa e 2 helicópteros.