A deportista do Patiño de Moaña librou o primeiro combate, para enfrontarse en segunda rolda á representante de Australia, á que superou con facilidade (cunha diferenza de 12 puntos). En cuartos de final eliminou á deportista da República Checa Petra Stolbova (tamén por 12 puntos) e caeu nas semifinais no punto de ouro contra a taekwondista de Irán Zohreh Hasan Nataj. Aitana foi gañando durante o combate pero remataron empatadas a 8 e todo tivo que decidirse no punto de ouro, onde a iraní logrou o punto decisivo. A representante de Irán proclamouse campioa do mundo.
Este mércores 26 de agosto será o momento de ver en acción a Unai Silva (-57 quilogramos) e Tania Castiñeira (+59) no Campionato do Mundo Cadete de Combate. Os galegos están a realizar unha tempada excepcional: Unai Silva
(Mace) logrou o título de campión de España en -57 quilogramos, mentres que Aitana Santomé (Patiño) é a actual campioa de -55 quilogramos e Tania Castiñeira (Hebe) ten o título de campioa de España no peso pesado. Ademais, tamén participaron no Europeo da categoría: Unai e Tania regresaron a casa con sendas medallas de bronce, mentres que Aitana caeu no segundo combate na morte súbita fronte á serbia que ao final se proclamou campioa de Europa da súa categoría.