Aitana Santomé (-55) gañou na primeira rolda á deportista de Azerbaiján Isayeva Shams no punto de ouro e puido avanzar ata as semifinais na que se enfrontou á alemá Chamutal Castano, á que superou de forma clara (8-3). Na final tiña como rival a outra deportista de Azerbaiján Nurana Ibrahimova e nesta oportunidade se lle escapou o ouro por moi pouco. Foi nun apertado combate que rematou 3-2.
Pola súa banda, Tania Castiñeira tiña un primeiro combate complicado contra a turca Ciftci Berra Nur. A galega non estivo cómoda e ningún momento e perdeu de forma rotunda (12-0). Agora, a aprender e traballar cara o Europeo.
Este torneo serviu como preparación para o Europeo Cadete, que se celebrará a comezos de xullo en Estrasburgo (Francia) e no que participarán Tania, Aitana e Unai Silva, que non foi convocado para estes Xogos porque o seu peso non estaba incluído nesta competición. Os tres deportistas proclamáronse no mes de marzo en Tarragona campións de España cadete.