Trátase da proposta da Aula de Teatro Universitario do Campus de Vigo coa obra «P.I.G.S.», dirixida por Pepa Barreiro. A partir dun texto de Ignasi García Calvo, a obra comeza cunha aparentemente posta en escena de Hamlet pero, ao pouco, interrómpese a acción e os organizadores explican ao público que forman parte dunha iniciativa que se leva a cabo na Unión Europea chamada despectivamente PIGS. A función comezará ás 18.30 horas e a entrada é libre ata completar aforamento.
ÁS 20.00 horas no edificio Cambón, celebrarase unha nova sesión dó Ciclo Cine e Lingua coa película «My left food (Mi pie izquiedo)», de Jim Sheridan, e coa que Daniel Day Lewis obtivo o seu primeiro Oscar. Conta a vida Christy Brown (Daniel Day-Lewis), un pintor, poeta e escritor irlandés con parálise cerebral.