Rotundo éxito dos loitadores galegos nos pasados campionatos de España de Loitas Olímpicas, acadando Galicia un terzo das preseas en xogo a nivel nacional. Ó éxito das clasificacións individuais, hai que sumar os dos clubs. O San Ignacio de Vigo acadou o bronce en libre olímpica cadete e libre feminina sénior, mentres que o Keltoi de Vila de Cruces conseguiu proclamarse campión de España de Loita Feminina cadete.
Dos 50 deportistas desprazados ata Madrid, 29 obtiveron medalla no nacional, polo que o traballo de calidade que están a levar os clubs en Galicia está a dar os seus resultados. O traballo de formación da base deportiva, ten como consecuencia directa o bo resultado na categoría cadete, que o ano pasado tivo tantos problemas a nivel nacional. A falta de resultados do ano anterior veuse compensada sobre maneira durante este ano 2015. Moitos dos loitadores galegos acudiran o vindeiro sábado 28 de marzo os campionatos de España júnior e escolar en Madrid.